venres, 22 de abril de 2016

ASÍ CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO E O DÍA DA TERRA EN CALDELAS

 NAS AULAS DE CALDELAS HOXE FOI UNHA XORNADA DE CELEBRACIÓN:
Por se celebrar o DÍA DA TERRA, e como nas aulas estamos aprendendo moitas cousas sobre México, xa sabemos que alí ademáis do agave son moi típicos os cactus..., aproveitamos para prantar dous no noso patio.



A ver se os vemos medrar!

Ademáis, mañá, 23 de abril, é o DÍA DO LIBRO e quixémolo celebrar facendo diferentes actividades:  aprendemos quen foi Miguel de Cervantes, escribimos unha poesía sobre a primavera e fixemos uns marcapáxinas moi divertidos!

 Así quedaron os nosos traballos:


Foi una xornada de moito traballo pero temos toda a fin de semana por diante para descansar e xogar moito!

Boa fin de semana amig@s!





Ningún comentario:

Publicar un comentario