venres, 20 de marzo de 2015

Día Mundial da Auga

O 22 de marzo conmemórase o Día Mundial da Auga, e na escola de Caldelas celebrámolo facendo obradoiros de experimentos de auga. Mirade que ben o pasamos!

 

Coa profe Bego comprobamos que a auga e o aceite non se levan nada ben...


E tamén alucinamos co volcán embotellado!
Coa profe Cruz escoitamos un conto máxico onde as princesas de auga atopaban todas as cores...
E descubrimos un xeito novo de transportar auga e mesturar as cores.
Tamén tratamos de pintar con auga coloreada...
Pero comprobamos que funcionaba mellor se lle botabamos un pouquiño de témpera:
Ademáis, deixamos estas flores sendo brancas... como as atoparemos o luns?
Pero os experimentos coa auga non remataron aí! No patio xogamos con pompas de xabón e pasámolo en grande!


E para rematar os nosos experimentos coa auga, quixemos facer un mural con flores feitas con atomizador... pero como non quedaban moi ben, cambiamos de idea e o fixemos con esponxas...
Benvida Primavera!
Foi un estupendo Día da Auga!

luns, 9 de marzo de 2015

Caldelas é noticia (I)

Conmemoramos a semana da prensa en Caldelas facendo de reporteiros e contando algunhas das novas que pasan estes días. Hoxe o máis destacado foi: