luns, 15 de decembro de 2014

Bo Nadal!

Este Nadal estamos facendo un proxecto de intercambio coas escolas de Valença, polo que lles mandamos unha tarxeta cos nosos mellores desexos. Na nosa tarxeta aparece un código QR para que poidan acceder a esta entrada do noso blogue e ver este video que fixemos con todo o noso cariño. Boas festas a todos!

.

mércores, 3 de decembro de 2014

Obradoiro Novas Tecnoloxías 4ª sesión

Coa páxina de LeafCreatures pasámolo pipa facendo caras con follas, paus, moedas ou incluso bichos! 


martes, 2 de decembro de 2014

As nosas árbores

O noso proxecto das árbores vai chegando á súa fin. A aula encheuse de follas de todos os tipos, froitos, contos, e ata un disfrace de árbore! Estamos aprendendo moito grazas a todas estas cousas!



E aquí podedes ver que arboriñas tan estupendas somos!