venres, 15 de maio de 2015

Contacontos

Aquí podedes ver unha mostra do ben que o pasamos con todos os contacontos que tivemos o mes pasado!

A aula de Baldráns veu a Caldelas a pasar un día con nós e, ademáis de gozar co conto que nos contaron, aproveitamos para facer un mural moi florido.

O día seguinte tivemos un contacontos moi especial, xa que o noso compañeiro Martín e a súa nai dedicáronnos este conto!





 Outro día collemos o bus ata a aula de Ponte Internacional, onde nos esperaba un grupo moi xeitoso de rapaces e rapazas que nos contaron un conto e fixemos un xogo sobre a importancia de alimentarnos ben empregando peixe. 

E, xa para rematar, estas son as fotos da nosa xornada de convivencia na aula de Baldráns, onde tamén nos acompañaron os nenos e nenas da aula de Paramos. Veu Paco Nogueiras a contarnos unha chea de contos da editorial Kalandraka, e quixemos parecernos un pouco a el facendo unha careta co seu gorro e as súas gafas.