luns, 15 de decembro de 2014
Bo Nadal!
Este Nadal estamos facendo un proxecto de intercambio coas escolas de Valença, polo que lles mandamos unha tarxeta cos nosos mellores desexos. Na nosa tarxeta aparece un código QR para que poidan acceder a esta entrada do noso blogue e ver este video que fixemos con todo o noso cariño. Boas festas a todos!
.
mércores, 3 de decembro de 2014
martes, 2 de decembro de 2014
As nosas árbores
O noso proxecto das árbores vai chegando á súa fin. A aula encheuse de follas de todos os tipos, froitos, contos, e ata un disfrace de árbore! Estamos aprendendo moito grazas a todas estas cousas!
E aquí podedes ver que arboriñas tan estupendas somos!
luns, 3 de novembro de 2014
sábado, 1 de novembro de 2014
Samaín
Xa está lista a recopilación de fotos da nosa festa de Samaín! Esperamos que vos guste, desde logo nós pasámolo de medo!
venres, 31 de outubro de 2014
domingo, 26 de outubro de 2014
Novas tecnoloxías 3ª sesión
Desta volta empregamos a web Picmonkey para modificar as nosas fotos e quedamos así de guapos e guapas!
Novas tecnoloxías 2ª sesión
Despois de contar o que máis nos gusta do cole tamén falamos do que menos nos gusta...
Podedes acceder aos enlaces pinchando no centro deste mural e despois no vídeo que queirades abrir.
Novas tecnoloxías 1ª sesión
Para comezar co obradoiro de novas tecnoloxías fixemos fotos do que máis nos gusta do cole. Cada un dos nenos e nenas cóntanos o que é despois de facer a súa propia foto.
Podedes acceder aos enlaces pinchando no centro deste mural e despois no vídeo que queirades abrir.
Podedes acceder aos enlaces pinchando no centro deste mural e despois no vídeo que queirades abrir.
luns, 20 de outubro de 2014
sábado, 4 de outubro de 2014
Obradoiros
Ao longo deste curso mesturaremos todos os xoves as aulas para facer dous obradoiros: un de experiencias e outro de novas tecnoloxías.
No de novas tecnoloxías empregaremos a pizarra dixital interactiva, o ordenador, a tablet e a cámara de fotos para crear e empregar contidos dixitais e aproveitar a multitude de opcións que nos ofrecen.
Por outra banda, no obradoiro de experiencias plantexaranse actividades nas que terán protagonismo o descubrimento e desenvolvemento dos sentidos, empregando diferentes técnicas e materias para experimentar con eles.
Nesta páxina poremos algunhas mostras do que facemos nos obradoiros, non o perdades!
Primeiro mes de clase na aula A (Cruz)
Aquí podedes ver unha mostra do ben que nos sentou a volta ao cole!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)