sábado, 4 de outubro de 2014

Obradoiros

Ao longo deste curso mesturaremos todos os xoves as aulas para facer dous obradoiros: un de experiencias e outro de novas tecnoloxías. 
No de novas tecnoloxías empregaremos a pizarra dixital interactiva, o ordenador, a tablet e a cámara de fotos para crear e empregar contidos dixitais e aproveitar a multitude de opcións que nos ofrecen. 
Por outra banda, no obradoiro de experiencias plantexaranse actividades nas que terán protagonismo o descubrimento e desenvolvemento dos sentidos, empregando diferentes técnicas e materias para experimentar con eles. Nesta páxina poremos algunhas mostras do que facemos nos obradoiros, non o perdades!

Ningún comentario:

Publicar un comentario